COPA DO MUNDO DE MEDELLÍN

Un gran Dani Castro alcanza os cuartos de final

108

Os arqueiros ponteses do Clube Silex, Miguel Alvariño e Daniel Castro desprazaronse esta semana á cidade colombiana de Medellín para a disputa da primeira proba da Copa do Mundo.

Nas tiradas previas o mellor español foi Pablo Acha, 13º con 677 puntos, seguido de Miguel Ángel Pifarre, 17º con 669, Dani 21º con 666, e Maikel, 45º con 651 puntos. 

Nas roldas eliminatorias o que mellor actuación tivo foi Dani, que venceu sucesivamente aos canadianses Nguyen (6-2), e Peters (7-3), ao doble campión olímpico Marco Galiazzo 6-5 na frecha de desempate, perdendo en cuartos de final co holandés Sjef van den berg, cuarto en Río, por un axustado 4-6.

Pola súa banda Alvariño venceu ao arxentino Sabado (6-0) e ao subcampión olímpico galo Valladont (6-4), perdendo nos dezaseisavos nun duelo fratircida ante Pablo Acha por 2-6. Tanto Pablo coo Pifarre alcanzaron os oitavos de final.

Na competición por equipos un moi xove equipo español formado por Pablo, Miguel Ángel e Dani sucumbiu na primiera rolda 1-5 ante o sorprendente combinado de Cuba. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios