Club de Montaña O Caxado

Este foi un fin de semana completo para o club montaña O Caxado, con participacion en 3 eventos.

130

O sábado pola mañán varios intregrantes do club participaban una edicción mais na andaina de AS Neves (Pontevedra) ruta da copa de 50kms da federación Galega de Montaña, con una participación moi grande de xente chegada de todos os clubs de Galicia, un día explendido e un percorrido que nunca decepciona.

O sábado pola tarde outro integrantes tomaban a saída na PONTEVEDRADA percorrido de 63kms dende Pontevedra ata Santiago de compostela, polo camino de Santiago, camiñando toda a noite para cumprir o obxectivo de chegar a praza do obradoiro as 7:50h da mañán, una ruta organizada e con moita afluencia de xente, con un fin solidario.

Por outra parte a dirección do club organizaba una saída por terras de Viveiro, para poder coñecer as vilas próximas, sobre as 9:00h partimos da estación tren de Viveiro para coller polo rego da Cova arriba, visitando a zona que foi inundada na última ríada, por medio de Viveiro. camiñando pola sua veira ata chegar o nacemento, onde nos desviamos para visitar as antenas no alto do monte, dende este punto (Monte penedo do galo) podese divisar unha gran cantidade de superficie (despois de indentificar os curutos divisados) comenzamos o descenso, para chegar a hermita e mirador de San Roque, onde repuxemos forzas para continuar a marcha, rematando o descanso comenzamos o descenso por uunha senda espectacular polo medio do monte ata chegar  o pobo de Viveiro onde nos agardaba o autobús para traernos de volta a casa. 

Nova cortesía do Club de Montaña O Caxado

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios