PREFERENTE NORTE. RIBADEO FC 4 – CD AS PONTES 3

Merecido triunfo do Ribadeo ante un As Pontes que maquillou o marcador no tramo final

137

O As Pontes sufriu este domingo á tarde en Ribadeo a súa segunda derrota da tempada. Os hoxe verdinegros comezaron ben o partido, con dúas boas ocasións para Dani, nunha chegalle o balón de costas e non consigue orientalo ben cando se pranta so ante o porteiro (13´), e logo tras recibir un pase de Josiño remata por alto na área pequena (20´).

Ata que tras unha falta ó borde da área o Mago de Viveiro Bossa sacou a súa luva e colou o balón por baixo pegado ao pau, e a pesares da estirada Prieto non consigue atallalo (23´). Incluso despois Erni pica o balón, e despexa como pode o porteiro casi conseguindo o segundo (25´).

Pero aí desapareceu o As Pontes. Con algo de vento a favor os locais dominaron o último tramo, anotando antes do descanso nunha xogada na que tras varios rexeites lle cae o balón a Brais e completamente so bate de tiro cruzado a Pelayo (36´).

No inicio do segundo tempo e co vento que hoxe daba por momentos no Pepe Barrera correndo a favor dos visitantes foron os locais os que prolongaron o dominio anterior ao descanso. Avisaron cun lanzamento de Santi, no que Pelayo fai un paradón, e despois do rexeite envía o balón fora Luqui (54´). 

Pero pouco despois Javicho gañalle as costas á defensa e bate a Pelayo marcando de tiro cruzado (56´). A pesar de que respondeu o As Pontes pronto, cun tiro de Erni que sacan entre o longueiro e o porteiro (57´) e unha internada de Pardo na que casi introducen no despexe o balón na súa porta (58´), os locais voltaron a ter dúas ocasións moi claras nas que o balón se pasea pola área pontesa, coa porta baleira, sen atopar rematador.

Ata que Luqui lle gaña a partida a Alex, vaise completamente so por banda, regatea a Pelayo e marca a porta baleira (69´), e noutra contra visitante, dispara libre de marca Criss, despexa como pode Pelayo, e marca Aitor a porta baleira chegando completamente so o 4-1 (82´).

Buscou o gol á desesperada o As Pontes no tramo final, e nunha xogada na que controla o balón Carlos na área, fai un quiebro e marca moi axustado ó primeiro pau (86´), poñendo o 4-2 co seu 23º tanto da Liga. Pero pouco despois puido sentenciar o cadro da Mariña pois noutra xogada na que volve a quedar so outro xogador, tivo que voltar a salvar Pelayo con outro paradón a Dani Prieto (87´).

Xa no desconto, tras un pase de banda, deixa pasar o balón Fidi, e cun remate dende o borde da área axustado ao pau o Mago de Viveiro Bossa facía o 4-3, no seu décimo tanto da campaña e o número 80 co As Pontes en Liga, pero sen tempo para máis (91´). Debutou o xuvenil Alberto Rodríguez.     

Ribadeo FC. Prieto, Mario, Roi, Luki (Criss 70´), Fernando (Dani Prieto 76´), Santi, Mauro, Javicho (Aitor 74´), Brais, Isma (Juanma 67´), Samu.

CD As Pontes. Pelayo, Adrián, Alex, Martín (Sánchez 60´), Rivas, Dani, Josiño (Quique 60´), Bossa, Erni (Alberto 74´), Fidi, Pardo (Carlos 60´).

Goles: 0-1, Bossa (23´), 1-1, Brais (36´). 2-1, Javicho (56´), 3-1, Luqui (69´), 4-1, Aitor (82´), 4-2, Carlos (86´), 4-3, Bossa (91´).

Árbitro: Martín García Gómez (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Crespo Rodríguez e Ballester Martínez. Amarela a Javicho, Samu, Fernando e Traba.

Campo e incidencias. Pepe Barrera, uns 150 espectadores en tarde soleada e con moito vento por momentos. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios