XVII GALA DO DEPORTE AS PONTES 2019

Malena foi a gran triunfadora na Gala celebrada este vernes na que se outorgaron once premios e vinteunha mencións especiais

931

Este venres á noite levouse a cabo no Pavillón de A Fraga a Gala do Deporte pontés para os anos 2017 e 2018. Durante o evento entregaronse once premios. O de mellor deportista foi para Malena Mieres, que gañou o Europeo Sub19 de Suiza 2018, trala vitoria de España 1-0 na final ante Alemaña. Mellor promesa foi o taekwondista Gabi Tembrás, bronce no Europeo de Grecia 2017, e mundialista en China Taipei 2018. 

Un merecido premio á mellor traxectoria deportiva foi para o piragüista Borja Prieto Valera, 14 veces Campión de España, e que estivo quince anos na Selección Española (2000-2014), disputando 10 Europeos, 6 Mundiais e 2 Xogos do Mediterráneo, aínda en activo, acadando tódolos anos medallas en Campionatos e Copas de España.

Mellor equipo foi elixido o Rugbi Fendetestas, que conseguiu o ascenso a Primeira no ano 2018, cunha soa derrota, que compite tódolos anos a un gran nivel contra equipos das grandes cidades galegas, e que ademáis neste 2019 cumprirá trinta anos, sendo o segundo clube máis lonxevo do pobo. 

Mellor adestradora Sonia Caaveiro, do Baloncesto As Pontes, mellor dirixente Manuel Doce, do Clube de Montañismo O Caxado, e o premio a unha vida adicada ao deporte para Narciso “Siso” Ferreiro, do CD As Pontes. 

Mellor labor no deporte de base para o Olympo de Atletismo, mellor patrocinador Matojoma Grupo Tú, mellor evento a Samurai Xtreme Race, e o premio á comunicación para Xose Ferreiro.

Durante a Gala outorgaronse tamén vinteunha mencións especiais, superando as catorce de 2016 e as dezaseis de 2017. O eterno Antonio Polo, Campión Europeo 2017 e subcampión mundial 2018 (por unhas centésimas), de Veteranos, o Campión do Mundo de Tiro Artemio Formoso, e outro eterno, Minecho, Campión Galego de Veteranos, foron algúns dos gañadores.   

Tamén, de Tiro con Arco, coma non, do brillante Clube Silex, o gran Miguel Alvariño, bronce nos Xogos do Mediterráneo Tarragona 2018, e os irmáns Daniel e Cristina Castro, Campións de España.

Tamén foi condecorado Manuel Pellón, Campión Galego de Descenso en Bicicleta de Montaña 2017, título que une ós dous Open Galegos que gañou en 2013 e 2015, e Iván Pena, que acadou dous quintos postos nos Mundiais de Waveski Surfing disputados en Pantín 2018. 

Unha moi merecida mención especial tivo Noé Calvo, que neste período foi Campión da Liga de Vietnam 2018, e subcampión da Taça da Liga portuguesa 2017, caendo na final ante todo un Sporting de Portugal, que gañou a semana pasada a Copa de Europa de Fútbol Sala. Anteriormente tamén gañara Noé a Copa de Portugal e conseguira o triplete en Hungría. 

Outros gañadores foron Yanaisa Martínez, Campiona de España coa Selección galega de Kaiak Polo, Laura Vispalia, doble campiona provincial e galega de salto de altura, Javier Martínez, gañador do Campionato Ibérico de Vela, Alex Montero, doble medallista coa Selección Galega de fútbol sala, e o culturista Campión de España, Alberto Dopico.  

Tamén, os pilotos, Samuel Bermúdez, Iago Gabeiras e Adrián Dopico, e os triatletas Aitor Franco, Luis García e Esteban Díaz. 

A única mención especial de equipo foi para o Xuvenil pontés da campaña 2017-18, polo brillante ascenso á Liga Galega, cunha fase na que gañaron os catro partidos con doce goles a favor por ningún en contra, campaña na que só perderon tres partidos, por dous empates e 32 vitorias, e na que tamén conseguiron a Copa de Ferrol.

Na Gala presentada por Xalo Maira e Terio Carrera, da Tvg, entregaron os diversos trofeos o Alcalde Valentín González Formoso, e os concelleiros, Chicho Tembrás, Ana Pena, Sonia Sueiro, Toñito Castro, Juan Carlos Romero, José Alén e Antonio Alonso.

Gala do Deporte Pontés

2017-2018 Malena Mieres García 
2016 Miguel Alvariño García
2015 Miguel Alvariño García 
2003-2004 Susana Castro Pena 
2001 Serafín Fontao Castro 
2000 Borja Prieto Valera 
1999 Mario Calzas Pérez 
1998 José Ramón Corral Bustabad 
1997 Daniel Feijoo Ferreiro 
1996 Lucía Legaspi Bouza 
1995 Lucía Legaspi Bouza 
1994 Evaristo Puentes Leira 
1993 Arturo Torrente Bellas 
1992 Antonio Polo Campello 
1991 Arturo Torrente Bellas 
1990 Arturo Torrente-José Ramón Corral 
1989 Evaristo Puentes Leira 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios