PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 4 – CF NOIA 1

Goleada 4-1 do As Pontes no día no que recibiu o trofeo de campión de Liga

261

O As Pontes celebrou por todo o alto o día no que recibiu o trofeo de campión da Preferente Norte da man do presidente da Federación Galega, Manuel Louzán, tras conseguir a súa decimoitava vitoria en Liga no Poboado, restando so por recibir ao Dubra, goleando 4-1 ao equipo que por plantel o debería acompañar á Terceira División. 

As xogadas máis perigosas neste primeiro período foi un balón que se lle pasou por entre as pernas a Quique en boca de gol (10´), un disparo preto do escuadro de Tato (15´), un mal pase cara atrás dos locais que a piques está de aproveitar o matador Quintairos, pero salva Paco (32´), unha cabezada preto do pau de Ángelo (36´), un disparo cruzado de Carlos que marcha por pouco (40´), e o propio xogador de Ares recibiu un balón do seu paisano Quique pero botouselle Pajarillo enriba (41´).

No segundo período avisou o As Pontes con dúas boas aproximacións de Ramos e Dani que se trastabillaron co balón en posición perigosa dentro da área, ata que no último tramo o conxunto local foi como un rodillo. O primeiro chegou tras un centro dende banda dereita á esquerda, en que acabou marcando Quique (70´). 

Logo era o Mago de Viveiro Bossa o que anotaba coa súa luva, tras unha falta na que o balón peta na cruceta e bota dentro da liña antes de saír fora dandoo por válido o linier (75´). Escapabase Pardo e Ángelo fíxolle unha placaxe decretando penalti o colexiado que transformou Bossa no seu duodécimo gol da campaña e co 3-0 a sentenza (85´).

Preto do final, noutro centro de banda a banda incorporándose só polo segundo pau apareceu Erni que facía o cuarto (88´) e xa no desconto o dianteiro de Celanova, ex do Real Madrid Castela e Celta B, que xogou o Europeo Sub17 Israel 2000, facía o da honra, o seu 28º gol da campaña (92´). 

Décima vitoria pontesa no Poboado ante o Noia, por tres empates e un único triunfo visitante 0-2 na 1982-83. Próximo desprazamento, o máis longo da campaña, á Pobra do Caramiñal. 

CD As Pontes. Paco, Ramos (Berto 85´), Alex, Martín, Sánchez, Dani, Rivas, Bossa, Carlos (Pardo 80´), Fidi (Toni 80´), Quique (Erni 70´). 

CF Noia. Pajarillo, Rendo (Saviola 75´), Angelo, Dani, Tato, Hugo (Canabal 85´), Piñeiro, Quintairos, Tachi, Jon (Rubén 85´), Rivas (Stefan 64´).

Goles: 1-0, Quique (70´), 2-0, Bossa (75´), 3-0, Bossa, de penalti (85´), 4-0, Erni (88´), 4-1, Quintairos (92´).

Árbitro: Eduardo Rivera Gores (Vigo). Auxiliado por Bastos Francisco e Adán Castiñeira. Amarelas a Carlos, Fidi e Ángelo. 

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 250 espectadores en tarde soleada. Homenaxeouse ao Benxamín A e Prebenxamín B, campións de Liga, e ao Cadete que xogará a fase de ascenso.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios