RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 3-4-5 MAIO

O Benxamín A consigue o 75º título comarcal, o Xuvenil A confirma a súa salvación, e o Cadete pecha a liga gañando ao campión antes da fase de ascenso

195

FEMININO

CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (1-2, Xeila, Carlota)

Importante vitoria do Feminino pontés en Fene, nun encontro no que se adiantaron no primeiro tempo, empataron as locais cun desafortunado tanto en propia meta e xa co tempo cumprido un gol da capitana Carlota deu os tres puntos. 

Triple empate a nove puntos na cabeza entre Maniños, Rosalía e As Pontes, só pasando dous á seguinte rolda, polo que o As Pontes-Maniños da vindeira semana resultará clave.

XUVENIL A

SD COMPOSTELA-CD AS PONTES A (2-2, Pablo, Alberto)

CD AS PONTES A-SD RESIDENCIA (2-2, Jandro, Chema)

O Xuvenil pontés asegurou a permanencia na categoría tras empatar 2-2 co Compostela no día do traballador e tamén co Residencia lucense o sábado. Afianzan a cuarta praza por detrás con 29 puntos por 20 de Riveira que xa non os poderá alcanzar. Quédalles recibir ó Boiro e visitar ao Caranza. 

De División de Honra baixaron Pontevedra e Alondras, polo que haberá seis descensos na Liga Nacional, pero cinco son do Sur, Val Miñor B, Santa Mariña, Valadares, Arousa e Lérez, e só un do Norte, Orillamar.

Polo que do grupo Norte da Liga Galega baixarán de forma natural o Betanzos e o Arteixo e por arrastre dos coruñeses o Atlético Riveira, sendo o As Pontes o primeiro dos salvados.

XUVENIL B

CD AS PONTES B-SDC GALICIA DE MUGARDOS (2-7, Elías 2)

Derrota do Xuvenil B no seu debut no Trofeo de Narón. Próxima visita ao Numancia de Ares.

CADETE

CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA B (3-2, Joan, Xoel, Eloy)

Brillante triunfo 3-2 do Cadete ante o Campión de Liga, Caranza B, no tempo de desconto, co que os de Rubén Pardo consuman unha magnífica terceira posición no grupo dos mellores con 47 puntos, só por detrás do Val e dos de Caranza, e xogarán a fase de ascenso.

INFANTIL

SCDR GALICIA DE CARANZA C-CD AS PONTES (2-4, Iago Expósito 2, Anxo Blanco, Ángel Purriños)

Vitoria do Infantil 2-4 ante o Caranza nos últimos minutos nun partido que lle empataron por dúas veces. Segundos con nove puntos visitan ó Val B, coa necesidade de gañar para poder disputar a primeira praza ó Ánimas.

ALEVÍN

SRD PORTUARIOS B-CD AS PONTES A (2-8, Nico Meizoso 3, Sergio Vázquez 2, Xalo García, Iago Blanco, Andrea Cruz)
CD AS PONTES B-SRD PORTUARIOS (0-8)

O Alevín A pontés gañou 2-8 en Ferrol,  e son cuartos con 37 puntos. Derrota pola súa banda do Alevín B. Próxima xornada derbi no Poboado.

BENXAMÍN

EF RACING DE FERROL-CD AS PONTES A (1-3, Nacho Villasuso, Íker Ares, pp)
CD AS PONTES B-MEIRÁS CF (1-4, Xoel Galego)

Agora si, gañou o Benxamín A a Liga e o 75º título comarcal do clube. E fíxoo pola porta grande tras derrotar por 1-3 a todo un Racing de Ferrol, que incluso nin precisarían dese resultado trala derrota de O Freixo 2-1 en Caranza.

Campións con 46 puntos por 41 dos naroneses. Inmaculada tempada do equipo de Guille, que sumou 23 triunfos, catro empates e ningunha derrota.    

Derrota do Benxamín B que remata a Liga na sétima praza con 23 puntos.

PREBENXAMÍN

SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES A (2-6, Brais Gómez 4, Matías Coello, Xalo Franco)
CD AS PONTES B-FC ORTIGUEIRA (8-1, Álvaro Roca 2, Daniel Corral, Pau Jorrin, Hugo Carballo, Thiago Ramil, Adrián Ameneiro, Daniel Peña)

Vitoria do Prebenxamín A 2-6. Rematan a Liga terceiros con 32 puntos. O Prebenxamín B culminou o seu título con unha vitoria 8-1 ante o Ortigueira co que pechan a Liga con 44 puntos, en 14 vitorias e dous empates, por ningunha derrota.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios