LIGA DE VETERANOS 2018-19

La Bamba mantén o pulso a Muebles Eume trala doble xornada disputada esta semana

215

Doble xornada na Liga pontesa de Veteranos, na que La Bamba segue ao comando da táboa, tras gañar os dous partidos que se xogaron esta semana, xa que tamén houbo fútbol o día do traballador, 3-0 a Farmavida e 6-0 a Jeycar. Tampouco fallou o Muebles Eume, que gañou 8-2 a Electricidad J&O, e 6-1 a As Pontes 74.

Así as cousas, tras esta doble xornada, e a falta de tres, cun interesante La Bamba-MMYPEM en dúas semanas, lidera La Bamba con 46 puntos, por 44 de Muebles Eume. Por detrás 31 ten MMYPEM, 30 La Galaxia e A Cepa. En zona intermedia Estanco Mari Carmen suma 23 e Jeycar 18. Por abaixo Bar Encanto 14, Electricidad J&O 13, Farmavida 9 e As Pontes 74 pecha con 8.

Os resultados da xornada 19 foron os seguintes:

La Bamba 3 – Farmavida 0
Muebles Eume 8 – Electricidad J&O 2
A Cepa 3 – Estanco Mari Carmen 1 
MMYPEM 4 – Jeycar 1
La Galaxia 2 – Bar Encanto Lecar 712 2
Descansa As Pontes 74

Os resultados da xornada 18 foron os seguintes:

Muebles Eume 6 – As Pontes 74 1
A Cepa 1 – Electricidad J&O 1
La Galaxia 5– Estanco Mari Carmen 1
Bar Encanto Lecar 712 2 – Farmavida 0
La Bamba 6 – Jeycar 0
Descansa MMYPEM

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 18. 19:30. La Galaxia-Farmavida
Día 18. 20:30. Muebles Eume- Estanco Mari Carmen 

Día 19. 10:00. Jeycar-As Pontes 74
Día 19. 11:00. La Bamba-MMYPEM
Día 19. 12:00. A Cepa-Bar Encanto Lecar 712
Descansa Electricidad J&O

Nova cortesía Tino Prieto, Tomás Franco e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios