Nota de prensa XPAP: En Marea pregunta no Parlamento pola lista de agarda para o centro de día de As Pontes

Só ten habilitadas 22 das 30 prazas malia contar con usuarios esperando polo recurso.

94

 As deputadas de En Marea Paula Vázquez Verao e Flora Miranda Pena teñen rexistrada unha interpelación no Parlamento de Galicia na que se interesan pola xestión do centro de día das Pontes. O centro púxose en funcionamento no 2012 con 30 prazas, pero neste momento tan só ten 22 habilitadas a pesares de contar con 8 persoas en lista de agarda. 

As parlamentarias de En Marea pregúntanlle á Xunta se vai consignar fondos para aumentar as prazas no centro do día e como valora o feito de que, habendo lista de agarda, o Centro de día teña prazas non habilitadas. Ademais, solicitan o listado de persoas en lista de agarda para prestacións de Dependencia no concello das Pontes, desagregado por grao e por tipo de prestación. 

As Pontes, 9 de maio do 2019. 

Máis información en xuntosporaspontes.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios