PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 10-11-12 MAIO

O As Pontes recibe este venres ao Dubra no derradeiro partido na casa

68

Este venres festivo das Letras Galegas xoga o As Pontes o seu último partido na casa ante o Dubra, ás 17:30, en encontro arbitrado por Adam Rodríguez Delgado (Ourense).

E non é un partido calquera, pois o equipo local pode por primeira vez gañar todos os partidos xogados na casa na competición ligueira, 19 de 19. 

O sempre complicado equipo de Val do Dubra é sétimo con 55 puntos, con moitos altibaixos durante a campaña, de feito firma un récord curioso de seis derrotas seguidas para logo a continuación encadear oito vitorias consecutivas.

Equipo de poucos empates, catro, con 15 derrotas e 17 triunfos, dos que os máis sonados son un 5-2 ao Noia e un 3-1 ao Ribadeo, e a domicilio non é un conxunto doado pois sumou oito vitorias coma visitante.

Gonzalo con 12 tantos é o seu máximo goleador. Nos duelos no Poboado cinco triunfos locais e un empate. 

PREFERENTE NORTE

CD AS PONTES-SD DUBRA (O POBOADO, VENRES 17, 17:30)

CADETE

OLÍMPICO DE RUTIS CF-CD AS PONTES (VILABOA, DOMINGO 19, 10:00)

INFANTIL

SD O VAL B-ÁNIMAS SCDR (SÁBADO 18, 12:00)

ALEVÍN

EUME DEPORTIVO B-CD AS PONTES A (GÁNDARA, XOVES 16, 18:30)CD AS PONTES B-EUME DEPORTIVO (XOVES 16, 18:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios