PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – SD DUBRA 2

O As Pontes queda a un paso do récord de 19 de 19 na casa

145

O As Pontes quedou a un paso de conseguir un récord que sería inigualable no tempo, o de 19 de 19 victorias nunha mesma Liga no Poboado, nun encontro que non se gañou, máis que polo rival, por deméritos propios, con dous goles visitantes por erros defensivos, e algún par de ocasións moi claras non convertidas. 

A primeira ocasión clarísima chegaba tras unha boa acción de Carlos por banda que lle serve o balón a Erni quen a un palmo de portería cabecea ás mans do porteiro (8´). Tras outro bo pase de Carlos, era Dani quen presionado polos defensas remataba mordido por fora (15´).

Pero foron os visitantes os que se adiantaron. Balón que deixa pasar Martín como último home en lugar de despexar de cabeza, queda só Pelayo que choca cun xogador visitante e co balón morto marca Gonzalo a pracer (17´).

Foi con gañas a polo empate o equipo azul e Fidi dispara por alto (18´), zapatazo de Carlos ao lateral da rede (20´), ata que noutra boa xogada de  Carlos vaise por banda e sirvelle a Fidi que marca chegando dende atrás (23´).

Das botas de Carlos, que centrou chegando á liña de fondo, saiu outra ocasión clarísima para Erni, que na área pequena en boca de gol rematou fora (25´). Ata que Fidi deu un pase maxistral a Dani quedando só ante Midón e bateuno por baixo poñendo o 2-1 antes de chegar ao descanso (30´). 

Comezou apretando o As Pontes no reinicio, e tras pase de Carlos, remata Pardo por alto (50´), e logo é Alex o que dispara preto do escuadro (51´), ata que nunha mala saída de Martín, dalle o balón a un rival, e acaba marcando Manu de tiro cruzado dende o borde da área (56´). 

Isto espoleou aos visitantes e nunha contra Gonzalo, só, regatea a Pelayo pero vaiselle o esférico por liña de fondo (66´), e o propio xogador realiza un forte disparo e o porteiro un paradón despexando o balón (74´). 

Pero foi Carlos, o mellor xogador no día de hoxe, o que estivo a piques de marcar o gol da campaña, dende o seu campo probou a Midón, lixeiramente adiantado, e o balón marchou un palmo por riba do longueiro (75´).

No tramo final querían os locais a vitoria e o récord, e noutro centro de Carlos non chega Alex ao segundo pau (78´), e despois é o propio Alex o que sirve o balón e remata Pardo por alto (83´). 

Cun xogador menos nos últimos cinco minutos ao resentirse Adrián, a máis clara chegou co tempo cumprido, e na área pequena Carlos remata, desvía un defensa, e logo é Alex o que mete a perna, e saca outro defensa na mesma liña de gol (90´).

Pero esa pizca de sorte que houbo contra o Sofán, Xallas ou Ordes, non a houbo hoxe e o partido acabou coas táboas no marcador, no día menos axeitado para que o Dubra sumara o seu segundo empate no Poboado por cinco vitorias locais. 

CD As Pontes. Pelayo, Berto (David Pajaro 46´), Alex, Martín, Sánchez (Dani Pajaro 46´), Dani (Adrián 70´), Rivas, Bossa (Josiño 79´), Carlos, Fidi, Erni (Pardo 46´).

SD Dubra. Brais Midón, Pablo (Cornes 77´), Anxo, Leites, Facal, Vieites, Brais López, Gonzalo, Munín (Gesto 57´), Manu (Parama 65´), Xabi (Lucas 77´). 

Goles: 0-1, Gonzalo (17´), 1-1, Fidi (23´), 2-1, Dani (30´). 2-2, Manu (56´). 

Árbitro: Adam Rodríguez Delgado (Ourense). Auxiliado por Pérez Dapia e Rodríguez Estevez. Amarelas a Gonzalo e Vieites. 

Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios