Kiko da Silva: «O da residencia de maiores é unha demanda urxente»

Candidato do BNG

191

Por terceira vez, Kiko Da Silva (As Pontes, 1962) encabeza a lista do BNG en As Pontes. Sobre o 26M adianta que «somos unha opción forte, agardamos medrar».

– ¿Qué destaca do mandato?

– A nosa valoración é negativa. Desde o punto de vista da xestión e da política. Aínda que economicamente o Concello está ben, non se pode permitir ter un aforro nesta situación de declive no que estamos con caída demográfica, de emprego e de avellentamento. A situación é a baixa e encima cunha advertencia de Endesa sobre o peche no 2030. E desde o punto de vista político houbo unha involución importante.

– ¿As súas prioridades?

– O fundamental é a residencia de maiores. Xa non é unha prioridade ou unha necesidade, senón unha demanda urxente que debería de estar xa posta en marcha. Non hai ningunha explicación nin xustificación para que iso non se teña feito. A nosa proposta é a dunha residencia de xestión pública na Canle IV cun modelo innovador e 120 prazas, non 50 como propón o grupo socialista. Ese número é escaso para a nosa poboación.

– ¿A que se comprometen?

– A apostar por novo chan industrial de forma urxente, recuperando parcelas e naves industriais. No pode ser que proxectos locais que se queren ampliar ou novas actividades que pretenden desenvolverse non teñan onde. Xa non é só que veñan de fóra, os de aquí tampouco teñen onde. Corremos o risco de perder o novo que se queira xerar e o que xa temos. Iso sería alarmante. Tamén hai unha parte social importante, a da tarifa da luz. Xa o levamos ao pleno, pero non se avanzou nada.

– ¿Que expectativas ten?

– Que isto dará unha volta. Non vemos motivos para que o BNG teña que baixar polo que a nosa expectativa é a de subir. Entendemos que o traballo feito foi positivo. A xente que non comparta o modelo do PSOE ten en nós a única alternativa.

Fuente La Voz de Galicia

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios