Xosé Manuel Ribeira García: «Non se fan as cousas pequenas»

Candidato de Xuntas por As Pontes-En Común

188

Xubilado de Endesa e exmembro do comité de empresa de Endesa, Xosé Manuel Ribeira (Viveiro, 1949) encabeza a candidatura de Xuntos por As Pontes-En Común. Da este paso adiante porque «preocúpanme os problemas elementais dos veciños». E pon un exemplo: «A necesidade de aseos públicos no parque do pobo».

-¿Que valoración fai deste mandato? 

-Negativa porque con 11 concelleiros de 17 o único que se fixo foi pasar o rodillo de forma permanente. Non facilitan ningún tipo de información á oposición e non se entende que aquí se programe un pleno municipal cada dous meses que remata ás cinco da tarde. A forma de levar a xestión municipal foi malísima. Ese é un problema gordo porque non se controla o que se fai. E despois para min hai unha cousa que é nefasta e é que o alcalde nunca está nos plenos. Debería compaxinar mellor o traballo municipal coa Deputación. Aquí hai moita festa, moita carpa e moito arranxo de estradas, pero do demais nada de nada. Débese buscar a forma de vivir mellor os veciños. Non se fan as cousas sinxelas. 

-¿Que propoñen? 

-Hai que facer cursos a nivel profesional como se facía antigamente. Non só dirixirse á innovación ou a emprendemento. Aquí hai instalacións de sobra para facer cursos de soldadura ou de mecánica. Todo iso preocúpame co nivel de xuventude parada que hai neste pobo. Iso é fundamental. Tamén demandamos un matadoiro municipal, actuacións para mellorar a beira do río Eume e non só do lago e apostamos por revitalizar a zona rural. 

-¿Que o animou a dar un paso adiante? 

-Eu sempre estiven en política, sempre fun de infantería, pero non neste plano institucional. Dou un paso adiante polo meu compromiso para mellorar as cousas.

Fonte La Voz de Galicia

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios