CATEGORIA PREBENXAMIN

60

A vindeira fin de semana celebrarase o I Torneo de Futbol Sala organizado pola A.D.C.R Santa Marina que terá lugar no Pavillón Municipal de O Longoiro en Meirás (Valdoviño) nas categorías de Biberón, Prebenxamin, Benxamin e Alevin e no que O Esteo F.S. estará representado polo seu equipo de Prebenxamins.

O conxunto pontes xogará no grupo A de Prebenxamins I onde tamen se encontran os equipos de C.D. A Solaina “B”, O Parrulo F.S. “C” e o conxunto anfitrión A.D.C.R. Santa Marina “A”.

Durante a xornada do Sábado disputarase a fase de grupos menos na categoría Alevín que xogarán dita fase o domingo pola maña con encontros de 20 minutos de duración e a partir das 12:30 h. do propio Domingo terán lugar as semifinais e finais de cada categoría con encontros de 30 minutos para rematar ás 20:40 h. coa entrega de trofeos.

A continuación deixamovos co calendario de partidos. 

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios