PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 24-25-26 MAIO

O As Pontes pecha a Liga este domingo en Sarria

66

O As Pontes xoga este domingo en Sarria, 18:00, arbitrado por Daniel Vilar Álvarez (Pontevedra), o seu derradeiro encontro na Liga. Despois terá que disputar a final dos campións co Pontellas, gañador do grupo Sur.

A visita a terras lucenses antollase moi complicada para un equipo azul que ven arrastando nas derradeiras xornadas a dinámica de xa estar ascendido e non xogarse moito, mentres que os locais aínda poderían clasificarse para a promoción dos cuartos clasificados.

O equipo da Sarriana a pesar da espectacular campaña que está a realizar como recén ascendido, ten algún motivo para o disgusto, i é que nun caso curioso na Liga, perdeu cinco puntos ante o Estudiantil, equipo que sorprendentemente logrou catro dos seus únicos cinco puntos ligueiros ante o cadro de Alberto López.

Si a Sarriana, como fixeron o resto dos catro equipos da zona alta, gañara os seus dous compromisos ante o Estudiantil, xogaría este último partido coas opcións intactas de lograr o ascenso, pois tería os mesmos puntos que o Arzúa, iso si, co goal average perdido. 

Ao marxe diso, espectacular campaña do cadro lucense. Na segunda volta, de 18 partidos so perderon un encontro ante o Ribadeo (2-0), e na casa lograron 12 vitorias, por catro empates, e dúas derrotas ante o Arzúa (0-2) e a sorprendente mencionada ante o Estudiantil (1-2). 

Precisamente ata esa derrota co equipo de A Estrada na xornada 16 o equipo de A Ribela era o único que lle aguantaba o pulso ao espectacular inicio do As Pontes, a só catro puntos dos azuis. 

Mauro Busi con 14 dianas e Omar Rodríguez con 12, son os seus máximos realizadores. Si ben nos duelos no Poboado o As Pontes lidera con nove triunfos, un empate e unha derrota, en terras lucenses gañan os locais, con cinco triunfos, un empate e catro derrotas. 

PREFERENTE NORTE

SD SARRIANA-CD AS PONTES (A RIBELA, DOMINGO 26, 18:00)

XUVENIL

SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES (SÁBADO 25, 12:30)

CADETE

CD AS PONTES-OLÍMPICO DE RUTIS CF (SÁBADO 25, 17:00)

ALEVÍN

CD AS PONTES A-ORTIGUEIRA FC (SÁBADO 25, 12:00)
CD CARIÑO-CD AS PONTES B (SÁBADO 25, 12:00)

XUVENIL AFACO

CD AS PONTES-EFB AMISTADE DE MEIRÁS (VENRES 24, 19:00)

INFANTIL AFACO

CD AS PONTES (A DOMICILIO, SÁBADO 25)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios