COPA DO MUNDO EN ANTALYA (TURQUÍA)

Alvariño e Canales disputarán a final mixta contra Rusia

102

Esta semana estase a disputar en Antalya (Turquía) a terceira proba da Copa do Mundo de Tiro con Arco, tralas de Colombia e China.

Cara ao país otomano desprazaronse os dous arqueiros do Silex, e Miguel Alvariño estivo moi atinado nas tiradas previas xa que foi 11º con 675 puntos, os mesmos que o seu compañeiro de selección Pablo Acha que quedou 13º, xa que fixo menos deces. Xa máis lonxe Dani Castro foi 43º con 662 puntos e Miguel Ángel Pifarre 74º con 651 puntos.

Nas eliminatorias, Dani caeu na primeira rolda ante o esloveno Habjan Malavasic por 0-6. Alvariño foi o mellor español xa que gañou ao suizo Thomas Rufer 7-3, ao italiano Federico Musolesi 6-2, ao verdugo esloveno de Dani por 7-3, caendo nos oitavos de final ante o holandés Sjef Van den Berg, cuarto en Río 2016, por 2-6, concluíndo noveno. 

Por equipos masculinos, Alvariño, Acha e Dani, coa sexta marca da previa, venceron en oitavos de final a Kazajistán por 5-4 na frecha de desempate, caendo polo mesmo tanteo 4-5 ante o perigoso equipo de Estados Unidos liderado por Brady Ellison nos cuartos de final, concluindo quintos.  

As mellores novas chegaban na proba por equipos mixtos para a que clasificaron os mellores tiradores da previa, masculino e feminino, de cada país, Miguel, empatado a puntos con Acha pero con máis deces, e a catalana Elía Canales. 

Ambos, coa oitava marca da previa, venceron sucesivamente ao Estados Unidos do gran Brady Ellison nos oitavos de final por 6-2, a Moldavia en cuartos por 6-0, e xa na loita por entrar na gran final 5-1 a China. Disputarán o ouro o domingo co perigoso equipo de Rusia, e polo bronce, Turquía contra China. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios