Iniciativa para a rehabilitación da Ponte dos Ferros

A ponte dos Ferros é sen dúbida o monumento histórico máis importante de As Pontes; é por ela que existe o pobo, xunto a ela naceu e xunto a ela medrou .

207

Firma a petición organizada en change.org

En calquera outra parte sería unha referencia para toda a vila e estaría tratada co máximo respeto e coidado . Nas Pontes, pola contra, sobrevive malamente entre o abandono e a indiferencia . Nunha vila que non anda sobrada de monumentos é inconcebible que o máis importante deles estea abandonado á súa sorte.

A vexetación invade a ponte; o arco sur está case oculto pola hedra, planta nefasta para calquera estructura de pedra; o outro presenta signos de posibles infiltracións de auga de impacto descoñecido; no pilar central medran árbores (!) que coas súas raíces van socavando a estructura . E o peor de todo: os vehículos, incluso pesados, circulan libremente por ela, destrozando periodicamente o xa de por sí inapropiado pavimento .

Con todo, estamos a tempo de remedialo . De feito o momento non pode ser mellor: as actuacións que o Concello está levando a cabo na Vila, en especial a recente apertura do Museo Etnográfico, crean o caldo de cultivo idóneo para acometer a rehabilitación da ponte.

Por todo isto, pídoche que asines esta petición para solicitar das administracións local e autonómica, no que lle corresponda a cada unha, as seguintes accións:

  • Peatonalizar de forma inmediata e DEFINITIVA a ponte.
  • Facer un diagnóstico do estado da estructura por parte de técnicos especializados.
  • Partindo do diagnóstico anterior, realizar unha restauración integral da ponte co máximo rigor histórico e medioambiental.
  • Poñer en valor o monumento promovendo o seu coñecemento e aprecio por parte da sociedade pontesa en xeral e dos máis novos en particular.

Firma a petición organizada en change.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios