Memorial Carlos Fornos/Trofeo José Ramón Corral 2019

O domingo 9 de xuño a partir das 10:00 horas terá lugar no Lago das pontes a desputa do Memorial Carlos Fornos/Trofeo José Ramón Corral 2019.

123

Regata das modalidades de K4 e C4 das ligas galegas de cadetes, junior, senior e veteranos, tanto masculinas coma femeninas. 
Estará encadrada no Grupo 1 da Liga Galega.

Horarios 

1ª SAÍDA: 
10:15 cadetes homes k4 e c4, 2 voltas, 1 porteo. 
10:20 cadetes mulleres k4, 2 voltas, 1 porteo. 

2ª SAÍDA: 
11:00 junior home, k4 e c4, 3 voltas, 2 porteos. 
11:05 junior muller, k4, 2 voltas, 1 porteo. 

3ª SAÍDA: 
11:50 veteranos home k4, 3 voltas, 2 porteos. 
11:55 veteranos muller k4 e home c4, 2 voltas, 1 porteo. 

4ª SAÍDA: 
12:40 sénior home k4, 3 voltas, 2 porteos. 
12:45 sénior muller k4 e home c4, 3 voltas, 2 porteos. 

Voltas de 3km aproximadamente.
Ao final das 2 primeiras voltas (na primeira para os cadetes) portearase pola praia por unha distancia de entre 70m e 100m. A zona límite de embarque e desembarque estará debidamente sinalizada con bandeiras e valados. 
A sáida sera dende a praia co carto integrante da embarcación en terra situado detrás dunha liña de cinta e na zona delimitada para as saidas na parte máis á dereita da praia. 
A organización recomenda o uso de cubrebañeiras e achicadores en todas as embarcacións. 

Trofeos 

Ademáis dos premios “individuais” ás tres priemeiras embarcacións de cada categoría, a organización fará entrega dos seguintes trofeos: 

  • Trofeo memorial Carlos Fornos: mellor equipo senior, junior e veterano home (k4+c4)
  • Trofeo memorial José Ramón Corral: mellor equipo cadete home (k4+c4)
  • Trofeo Concello das Pontes: mellor equipo feminino (todas as categorías).

Percorridos 

Percorrido previsto 

Percorridos alternativos en caso de vento forte perpendicular á praia

En caso de que as condicións meteorolóxicas sexan de vento forte cabe a posibilidade de que a regata se realice no Encoro da Ribeira, xunto as instalacións do Grupo Xuvenil. 

Se avisaría con 24 horas de antelación.

Instalacións

Outra información. 

Se permiten as embarcacións con tripulantes de diferentes clubes non puntuables, pero con dereito a trofeo. 


Haberá bolsas con bocadillo e bebida para os participantes. 

As inscricións poderán realizarse a través da web da federación para equipos galegos ou do correo kayak-canoa@fegapi.org para equipos de fora de Galicia e embarcacións con deportistas de diferentes clubes.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios