Nota de prensa do BNG: O BNG DENUNCIA A DESTRUCIÓN DE PATRIMONIO CULTURAL POLO CONCELLO

No día de hoxe, o BNG ven de demandar a paralización das obras que está a acometer o Concello na Parroquial de San Xoán do Freixo, propiedade da igrexa, ben do século XVII incluído no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galiza.

737

 Os obras xa executadas consistiron no derrubo dun muro do vello cemiterio anexo, no que se encontra un osario cunha inscrición de 1868, para substituílo por outro de formigón, cando menos na súa base, que xa presenta o forxado. 

O BNG intentou ter acceso no Concello á autorización da Xunta e ao permiso da Igrexa mais non foi posíbel, polo que rexistrou, por escrito, as súa solicitude diante da Xunta e da propia administración local. 

Asemblea Local do BNG das Pontes 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios