Reunión coa Ministra de Traballo e convocataria de Asemblea Endesa

No día de onte mantivemos nas Pontes unha reunión coa Ministra de Traballo, Dona Magdalena Valerio.

222

 Na reunión comentouse a posibilidade de derrogar a Reforma Laboral aprobada polo PP, para o cal aínda non existe unha previsión no tempo, tamén expuxo a dificultade de que, aínda recuperando a ultraactividade, esta tivese efectos retroactivos e que, neste momento, non hai unha solución prevista para as empresas que xa quedaron sen Convenio. 

Trasladámoslle polo miúdo o conflito que temos con Enel-Endesa e ela comprometeuse a mediar inmediatamente para posibilitar unha negociación equilibrada, quedando claro que iso era o que ela pode facer, xa que a propia negociación e o seu resultado lle corresponde aos sindicatos. 

Nós seguiremos traballando na presión política, na preparación de recurso ante o Supremo e, por suposto, no que ninguén pode facer por nós, as mobilizacións e o impulso da negociación. 

Adiamento do prazo de perda de beneficios sociais para compañeiros/as pensionistas até o 30 de setembro 

Dende As Pontes consideramos que este primeiro paso é cativo pero tamén positivo. Pero falar máis en profundidade da negociación do Convenio, convocamos unha ASEMBLEA, o mércores 29, ás 11 h., no Polideportivo Municipal. 

As Pontes, 23 de maio de 2019 

UGT – CCOO – SIE – CIG – APREN 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios