PEDRA CON INSCRICIÓN NO OSARIO DO CEMITERIO VELLO DO FREIXO

565

Na parede do cemiterio vello que hai no adro da Igrexa de San Xoán do Freixo, concretamente na parte exterior do muro que dá a zona de xardín que hai fronte a Igrexa, atopamos esta pedra que formaba parte do osario de dito cemiterio.

Ten unha inscrición de difícil lectura por mor da erosión das letras e a acumulación de mofos. Lense palabras soltas e algo das dúas primeiras liñas:

“Al cabo de los instantes
de la vida todos juntos
… … …”

A pedra ou lápida en cuestión vai sostida por outras dúas, a xeito de triángulos rectángulos coas hipotenusas cara fóra e co ángulo superior cortado, onde apoia a pedra. Ao mesmo tempo fan de porta para facilitar a introdución dos ósos no osario. Hoxe tapado por pedras.

Estas frases, non tan longas, pois este é un texto longo, eran típicas nos cemiterios e nos osarios. Debe de ser dos poucos onde se conserva. É unha mágoa que non se recollera o texto ou que alguén maior que soubera o que poñía llo transmitira a alguén para que deste xeito non se perdera.

Fonte: Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios