Nota de prensa do BNG: SAN XOÁN DO FREIXO: OBRAS SEN PERMISO E ÓSOS SEN DONO

616

 As Pontes, 31 de maio de 2019.- As obras na Parroquial de San Xoán do Freixo, ben do século XVII incluído no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galiza, están a evidenciarse como unha enorme irresponsabilidade. 

O 27 de maio o BNG solicitou consultar a preceptiva autorización das obras de derrubo do muro do vello cemiterio anexo, no que se encontraba un osario cunha inscrición de 1868; no seu escrito de resposta a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural comunica que “… non consta nas dependencias desta Dirección Xeral expediente sobre as referidas obras”. A lei 5/2016 do Patrimonio Cultural da Galiza establece multas de 150.001 a 1 millón de euros para as infraccións moi graves, mentres que o Código Penal contempla de seis meses a tres anos de cárcere para os delitos contra do patrimonio cultural. 

Mais as obras tamén provocaron a aparición de ósos de parte dos soterramentos do cemiterio vello, restos que onte eran visibles pola zona, aínda que outros tamén foron trasladados xunto cos restos da demolición, e que poderían corresponderse cos que se podían ver hoxe na escombreira do cemiterio municipal dos Alimpadoiros. 

O Concello non atendeu a solicitude do 24 de maio feita polo BNG para paralizar as obras, que onte xa tiñan formigón; hoxe mesmo, o BNG rexistraba outra nova solicitude. 

Asemblea Local do BNG das Pontes 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios