FINAL PREFERENTE. CD PONTELLAS 3 (3) – CD AS PONTES 3 (1)

O As Pontes perde na quenda de penaltis despois de 120 minutos de partido

207

Este domingo disputábase na capital galega o título de campións de Preferente. O equipo azul adiantábase tras un penalti cometido sobre Quique que se encargou de transformar Bossa (5´), pero pouco durou a ledicia pois na primeira aproximación visitante, dun centro dende banda, ningúen o despexa, e chegando só ao segundo pau marca Diego Blanco (7´).

Voltou a adiantarse o As Pontes tras un xogadón do Mago de Viveiro, merece unha rúa propia, no borde da área, no que dribla a dous ou tres defensas do equipo campión do sur facendo o pase da morte a área que empalou Dani ao fondo das mallas (18´).

Pero antes do descanso nunha xogada na que Paco lle gaña a partida no salto a Yago nun suposto penalti que so viu o colexiado, o experimentado xogador vigués facía o 2-2, e aínda houbo un poste de Carlos antes de encarar os vestiarios. 

No segundo período houbo moitas alternativas pero non se moveu o marcador e xa nos últimos minutos da prórroga, tras un tiro ao pau, recolle o rexeite Diego Blanco e poñía por diante aos porriñeses (110´). Pero volcado a polo empate o equipo azul, Alex quedou só, e de forte disparo facía o 3-3 definitivo.

Os penaltis, para esquecer, só conseguiu marcar Toni, ademáis con mestría e por partida doble, debido ao colexiado excesivamente quiquilloso cos azuis, e os pontevedreses pareceu como si tiveran a experiencia de haber xogado un Mundial, todo perfecto. Tocoulle chorar ao sufridor socio pontés. 

CD PONTELLAS. Toni, Pablo, Chicho, Elías, Michael, Diego Blanco, Berto, Javi, Lucho (Serxio 81´ Díaz 106´), Yago (Nando 72´), Hugo Pintos (Pibe 100´). 

CD AS PONTES. Paco, Ramos (Martín 70´), Alex, Rivas, Sánchez (Erni 113´), Dani, Adrián (Toni 86´), Bossa, Carlos, Fidi, Quique (Pardo 77´).

GOLES: 0-1, Bossa, de penalti (5´), 1-1, Diego Blanco (7´), 1-2, Dani (18´), 2-2, Yago, de penalti (39´), 3-2, Diego Blanco (110´), 3-3, Alex (116´). Dani falla, Javi marca, Fidi falla, Diego Blanco marca, Toni marca, Berto marca, Carlos falla.

ÁRBITRO: Sergio Míguens Santiago. Auxiliado por Maldonado González e Casal Barreiro. Amarelas a Paco, Carlos, Ramos, Dani, Fidi, Alex, Diego Blanco, Lucho. 

CAMPO E INCIDENCIAS: Campo de Santa Isabel. Unhas 200 persoas, case todos orgullosos afeccionados do Pontellas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios