O ESTEO ALEVÍN CAMPIÓN DA COPA DE FERROL

Tras vencer ás mellores canteiras da comarca

179

O Esteo Alevín de Fútbol Sala logrou este pasado sábado no Pavillón da Gándara un moi meritorio título de Campión da Copa de Ferrol tras vencer na quenda de penaltis ao equipo locatario do Cidade de Narón, e tras igualar 2-2 un partido que marchaba 2-0 ao descanso, cos tantos de Antonio e Alejandro. 

Na Fase Final O Esteo conseguiu vencer aos campións dos tres grupos, xa que previamente, nun curioso modelo de copa, o Esteo xa se desfixera hai seis meses do complicado Salmantina O Parrulo D por 2-6, e de SDCR Narón O Freixo D por 4-2. 

Adestrados por Javi Saa, estiveron na final polo equipo campión, Alejandro Romero, Antonio Graña, Hugo Bermúdez, Sergio Vázquez, Alejandro Leal, Mario Pena, Borja Pena, Xalo Graña, Destaw Pellón, Manuel Campello, Mateo Núñez e Jorge Acebrón.    

Foto cortesía O Esteo. Nova cortesía XF. 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios