Este fin de semana continua a Amigus Labs • Maker 19.2

Dende o venres ata o domingo continuaremos rematando os prototipos para a Regata Solar

260

De novo volvemos a Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música de As Pontes.

Comezaremos o venres pola noite de 9 pm a 12 pm, montando a electrónica do barco solar e dándolle os últimos axustes, para o sábado se o tempo dános unha tregua ir ás 10 am ao lago para facer as primeiras probas de navegación e acabar de optimizar a electrónica e mecánica.

Faremos as primeiras probas coa telemetría para analizar o rendemento e a eficiencia que nos dá a placa solar e como se comporta coas distintas mecánicas que preparamos.

O sábado pola tarde a 4 pm a 8 pm volveremos ao Conservatorio para acabar de montar a electrónica do coche solar, e facer probas de rendemento.

O domingo pola mañá tentaremos facer o primeiros test de velocidade na pista do poboado.

A IV Regata Solar celebrarase o vindeiro 22 de xuño en Baiona, e está organizada por Marine Instruments.

Máis información en Amigus Labs

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios