COPA DE AS PONTES DE VETERANOS 2018-19

Xa se coñecen os catro semifinalistas

400

Esta fin de semana disputouse no campo artificial os primeiros encontros da Copa pontesa de Veteranos, coa fase previa o sábado, da que quedaron exentos os cinco primeiros clasificados de Liga, e xa o domingo os cuartos de final. 

O protagonista da xornada foi o Muebles Eume, que venceu 2-0 ao Campión de Liga La Bamba, e clasificou para as semifinais do torneo que mellor se lle da, buscando a súa sétima copa das dez disputadas. 

Outros protagonistas foron Electricidad J&O e Bar Encanto que gañaron os seus dous compromisos alcanzando a penúltima rolda, na que se enfrontarán entre ambos polo que un deles alcanzará a final, o cal ten o seu mérito tratándose do oitavo e noveno clasificados de Liga.

A vindeira fin de semana disputaranse as semifinais e a gran final. 

Fase Previa

Bar Encanto Lecar 712*–As Pontes 74-2-2
Electricidad J&O–Jeycar-5-1
Estanco Mari Carmen*-Farmavida-0-0

Cuartos de Final

Electricidad J&O*–A Cepa-2-2
La Galaxia*-MMYPEM-1-1
Muebles Eume-La Bamba-2-0
Bar Encanto Lecar 712-Estanco Mari Carmen-2-1
* Clasificados por penaltis

Semifinais

Día 15. 18:30. Electricidad J&O-Bar Encanto Lecar 712
Día 15. 19:30. Muebles Eume-La Galaxia

Final

Día 16. 12:00. Gañadores Semifinais

Nova cortesía Xose Ferreiro, Tino Prieto, Tomás Franco

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios