A SD O VAL ASCENDE Á PRIMEIRA DIVISIÓN DO FÚTBOL GALEGO

Fíxoo este sábado con dúas pontesas nas súas filas

150

A SD O Val de Narón conseguiu esta pasada fin de semana o ascenso á Primeira División do fútbol galego feminino. E fíxoo despois dunha longa campaña e tras un camiño nada doado. Acabaron quintas clasificadas no seu grupo segundo da Segunda División.

O gañador foi o Betanzos, con 64 puntos, equipo que logrou a primeira praza de ascenso tras vencer ao Friol B na promoción dos campións. Segundo quedou o Abellá con 56, CD Narón 55, Sporting Cambre 54, e O Val 52, con 17 vitorias, 6 derrotas, 1 empate, 85 goles a favor e 37 en contra.

Non comezaron con bo pé a eliminatoria de primeira rolda polo ascenso, xa que perderon en Sinde 2-4 co Chantada, conseguindo un sorprendente 2-5 na volta. Tamén superaron a segunda tras gañar na casa 4-0 ao Sporting Cambre, pese a perder despois a domicilio 3-2.

Na terceira eliminatoria caeron na casa 1-3 co Abellá, e pese a gañar na volta 2-3, faltoulles un gol máis e o conxunto que acabou conseguindo o ascenso foi o de Frades, xunto ao gañador da outra eliminatoria, o Friol B.

Do grupo Sur ascenderon o Tomiño como gañador da promoción de campións, mailo Atlántida Matamá B, e Valadares B nesta terceira rolda. Para a última praza houbo un play off de repesca pra os dous perdedores da terceira eliminatoria do grupo Norte e os dous do grupo Sur.

Na mesma, O Val gañou 4-1 ao Touro, e defrontou na final ao Concello de Boiro, que vencera 2-1 ao San Mateo de Ponteareas. Na gran final, xogada no Campo de As Cancelas en Santiago este sábado, venceu O Val ao Boiro por 2-1, logrando a última praza de ascenso en disputa.  

No equipo valexo xogaron dúas pontesas, Andrea Montero, que disputou 22 encontros e o partido final completo, e Mireya Cabarcos, que non puido xogar en toda a campaña debido a unha lesión.  

Fotos cortesía SD O Val. Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios