O CATRE TEATRO PRESENTA FÁTUM

Este sábado 6 de xullo ás 20.30 h. (Auditorio Municipal Cine Alovi).

52

Fàtum, o fado, o destino… o que está escrito. A humanidade debate dende o seu nacemento se a vida é un conxunto de accións fortuítas, casuais, ao azar, ou está rexida polo destino, inmutable e escrito dende sempre.

Se o destino rexe as nosas vidas, quen vela polas persoas? As Nornas, personaxes antigas que acompañan á humanidade dende o principio dos tempos. Sempre alí, canda nós en todo

momento, observando e supervisando, rutineiras e eficaces, facendo o que se agarda delas… porque todo está escrito. Ou non? E se houbese un trío de Nornas que desexase facer outra cousa, ser diferentes, cambiar o seu destino?

Esta é a historia que conta Fàtum e que representará O Catre Teatro baixo a dirección de Agustin Bolaños este sábado 6 de xullo ás 20.30 h. (Auditorio Municipal Cine Alovi).

A entrada é libre ata completar aforo. Non faltedes!

Nova cortesía de O Catre Teatro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios