IV SAMURAI XTREME RACE AS PONTES 2019

Disputouse a cuarta edición esta mañá de domingo no Lago pontés

438

Este domingo nunha mañá soleada celebrouse no lago de As Pontes a tradicional Samurai Xtreme Race. Comezando as 11:00, fíxose en tres tandas élite, cinco populares e unha última de voluntarios, nas que participaron preto de mil deportistas. 

Na categoría élite Ocra resultaron vencedores Damián Espasandín e Paula Esteiro, secundados no podio por Cristian Zarta e Brais Otero, e Andrea Montero e Mariel Martínez, respectivamente.

Na proba élite non Ocra gañaron Moisés Bereijo e Olalla González, mentres que segundos e terceiros foron Enrique Suárez e Daniel Milego, e Paula Campo e Nuria Fernández, respectivamente.

Na proba popular os gañadores foron Daniel De La Torre e Arantxa Prado, namentres que por equipos, en élite gañou o OCR Team Comando norte, e nos populares fíxoo o Team Drako. Armando Maseda e Elena Losada foron os mellores ponteses clasificados.

Entregaron os diversos trofeos e diplomas os Concelleiros Chicho Tembrás, Elena López, Tania Pardo e Lorena Tenreiro, rematando o evento ás 15:30.

Nova cortesía de Xose Ferreiro   

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios