Coordinadora de Empresas Auxiliares de Endesa-As Pontes

Hoxe quedou constituída a Coordinadora de Empresas Auxiliares de Endesa-As Pontes, que está conformada por un representante de cada organización sindical (CIG-CCOO-UGT) e un representante por cada unha das empresas auxiliares.

175

 A necesidade desta coordinación vén motivada pola situación actual de Endesa, a falta de produción, o anuncio de formación en mantemento para persoal propio e as negativas perspectivas de normal funcionamento na Central de Carbón. 

Nesta reunión acordouse o seguinte: 

• Responder colectivamente se hai calquera perda de emprego. 

• Convocar ás patronais de tódalas empresas auxiliares a unha reunión conxunta, para coñecer cal é a súa situación neste escenario e as perspectivas máis inmediatas. 

• Manter unha reunión, o próximo martes, día 23, co Comité de Empresa de Endesa, para trasladarlles a nosa visión e delimitar o campo de actuación. 

• O mesmo día, o martes 23, reunión no Concello das Pontes co Alcalde e representantes dos Grupos Municipais, onde queremos realizar unha proposta de resposta conxunta ante a crise que a situación actual supón para o pobo das Pontes. 

• Non convocar eleccións sindicais nas compañías auxiliares para evitar calquera enfrontamento que supoña división sindical. 

• Asemade, tamén temos solicitada unha reunión co Conselleiro Delegado de Endesa, sr. Bogas, sobre a que aínda non temos resposta. 

As Pontes, 19 de xullo de 2019 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios