ACTUACIÓN DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES NA X REGATA RÍA DE FERROL

O equipo de regatas da clase Optimist do Club de Vela Fluvial As Pontes desplazouse ata as instalacións do Grupo Bazán na Cabana en Ferrol para disputar a X Regata Ría de Ferrol, onde se deu cita unha parte importante da flota galega desta clase.

68

Foron dos días de regata cunhas condicións cambiantes e cun vento moi  rolón. Ó final da competición validáronse 4 mangas, dúas por día, das 6 programadas.

No primeiro día de regata a predición meteorolóxica prevía ventos moderados a fortes do nordeste e a tarde de regatas comezou así, pero aos poucos foise moderando a intensidade do vento.

No segundo día regata acompañou un vento dunha intensidade entre 7 e 10 nós de compoñente  norte-noroeste.Na clasificación final Sub-16 María Lefler foi a mellor dos regatistas ponteses ocupando unha meritoria 10ª posición, mentres que seu irmán Carlos ocupaba a 18ª posición.Na categoría Sub-13, Ana Lefler rematou en 9ª posición e Joaquín Cortizo ocupou a 11ª.A vindeira cita para o equipo Optimist pontés será a Regata Multiclase General Gabeiras que se disputará na Ría de Ares os vindeiros 10 e 11 de agosto.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios