XXV TROFEO VILA DE AS PONTES. CD AS PONTES 1 (3) – RACING DE FERROL 1 (1)

Vitoria do As Pontes nos penaltis ante o todopoderoso Racing de Ferrol nun encontro no que foi por diante dende o primeiro minuto e lle empataron no desconto

588

O equipo local venceu na 25ª edición do Trofeo Vila de As Pontes a todo un Racing de Ferrol, 1-1 (3-1), que contaba con xogadores como Pablo Rey, Alex López, Dani Ábalo, Seoane, Diego Rivas ou o local Kike Fornos, entre outros moitos.

Nunha tarde soleada e ante máis de 500 espectadores suma o As Pontes o seu noveno entorchado, ante o equipo departamental, que gañara as edicións de 1977, 1978, 2005, e foi segundo en 1980, 1987, 2013, 2014 e 2019.  

Pronto se adiantaron os locais no marcador, i é que no primeiro minuto Carlos anotou dende fora da área de forte disparo pegado ao pau ante o que Rivas nada puido facer. Buscou o empate o cadro de Larraz o resto do partido e foi no desconto que tras un disparo de Hassane, desvía o xusto un defensa local e acaba despistando a Javi Liz.

Nos penaltis anotaron polos locais Quique, Alex e Vilela, mentres que polos ferroláns apenas marcou o primeiro Tavares, e despois Garrido e Alex López lanzaron ao longueiro e Villarejo fora. 

Xogaron polo As Pontes Paco (Liz 46´), Berto (David Pajaro 58´), Alex, Rivas (Otero 73´), Sánchez (Iván 46´), Dani (Caridad 58´), Gonzalo (Vilela 58´), Dani Pajaro (David García 46´), Carlos (Chema 73´), Fidi (Quique 46´), Pardo (Cambón 46´). 

Polo Racing saíron de inicio Rivas, Seoane, Pita, Pau, Bruno, Rodellar, Armental, Beltrán, Juan Antonio, Pablo Rey, Marcos Álvarez, entrando despois Regueira, Fornos, Garrido, Villarejo, Borja, Alex López, Tavares, Ábalo, Luis, Sanmartín, Ebuka, Hassane y Chema.

Noveno título do As Pontes, por tres de Racing de Ferrol, Lugo e Viveiro, dous de Somozas, e un de Deportivo, Racing Vilalbés, Betanzos, Lemos e un combinado pontés.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios