NOÉ CALVO PARDO XOGARÁ EN ITALIA

Competirá na campaña 2019-2020 no Real Cefalú

262

O xogador pontés de fútbol sala Noé Calvo Pardo xogará a vindeira tempada 2019-2020 no fútbol sala italiano, coñecido popularmente como Calcio a 5. 

Farao no Real Cefalú, localidade costeira de Sicilia, equipo que compite por ascender á Primeira División transalpina, quedando no play off de ascenso a campaña pasada. 

Será o sétimo país que visita Noé, desde que marchara ao Operario Desportivo das Illas Azores (2012), para logo xogar no Fundao (2012-14), equipo co que gañou a Copa portuguesa.

Posteriormente estivo no Raba Eto de Hungría (2014-15), co que conseguiu o triplete maxiar, Liga, Copa e Supercopa, Bakú United inglés (2015-16), e novamente no Fundao (2016-17).

Neste derradeiro tramo, estivo no Voscuore Sendai xaponés (2017-18), no Hanoi Buffaloes de Vietnam (2018), equipo co que gañou a Liga, e a campaña pasada no Deva Autobergamo de Rumania (2018-19).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios