JAVIER MARTÍNEZ E TERESA CABELLO FINALIZAN A SÚA PARTICIPACIÓN NO VAURIEN WORLDS CHAMPIONSHIP 2019

Este venres clausurouse o 58ª edición do Vaurien Worlds Championship, o Mundial da clase vaurien, que con sede na vila italiana de Colico se disputou dende o luns 22 de xullo no Lago di Como.

144

Formaron parte do equipo español en representación do Club de Vela Fluvial As Pontes a tripulación xuvenil formada por Javier Martínez (2003) e Teresa Cabello (2006), que á postre foi a tripulación máis nova que disputou este Mundial, e que finalizaron nun máis que meritorio posto 68 de 85 na clasificación Xeral e 16 na Xuvenil.

Esta tripulación pontesa finalizou as 10 mangas que se disputaron ó longo do Mundial, sin que lles pasase factura nin o feito de ser debutantes, nin as altas temperaturas reinantes con casi 40 grados, nin as complicadas condicións de vento con moitos roles e intesidade por encima dos 15 nos.

E aínda que o seu comezo foi algo irregular con algún erro nas saídas e un par de volcadas, co paso das mangas foronse afianzando e recuperando postos para saír da cola da flota.

Agora as vindeiras citas durante o mes de agosto para os regatistas vaurien xuvenís e absolutos do Club de Vela Fluvial As Pontes son a regata General Gabeiras en Ares, a regata Festas do Cristo de Cangas e a regata clasificatoria para o ranking galego que se disputará en augas do Lago de As Pontes os vindeiros 31 de agosto e 1 de setembro.

No que respecta ó resto do equipo español, este Mundial de Colico refrendou unha vez máis o dominio da flota viguesa no panorama internacional desta popular clase vaurien. 

Pablo Cabello e Mario Pérez, do Real Club Náutico de Vigo, non puideron repetir o título mundial conseguido fai dous anos en Polonia, pero sí lograron subirse ó podio e finalizar nun meritorio terceiro posto, tan só por detráis das tripulacións italianas Bertola/Saggio, campeóns cun dominio aplastante, e dos Graziani/Golinelli.

Pola súa banda, Tirso Cerqueira e Gonzalo Martínez, do Club Marítimo de Canido, acadaron o quinto posto da xeral e retuveron por cuarto ano consecutivo o título mundial xuvenil.

Por detrás deles Pedro Salgado e Jorge Cigarrán, regateando tamén polo Club Marítimo de Canido, colgárense a medalla de bronce da clasificación xuvenil.

E para completar o poquer vigués, Laura Llópiz ganou por quinta vez o campeonato mundial femenino navegando coa patrón holandesa Ángela Brandsma.Pola súa banda os representantes do Real Club Náutico de Valencia Francesco Zampacavallo e Carlos Francés, que na xeral acadaron o cuarto posto empatados a puntos Cabello/Pérez, lograron subir ó podio na categoría Máster ocupando a segunda posición.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios