Regata da Liga da Deputación da Coruña de Piragüismo en As Pontes

O vindeiro sábado 3 de agosto, entre as 10 e as 14 horas, o Grupo Xuvenil-Matojoma en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo e co patrocinio do Concello de As Pontes, organiza a 3ª regata da Liga da Deputación da Coruña de Piragüismo de 2019.

68

Nesta competición participan os padexeiros más novos dos clubs da provincia, das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete en embarcacións individuais e dobres e tanto en kayak como en canoa. En total hai inscritos 318 nenos e nenas dos seguintes clubs:

CLUB CABANAS KDM
CLUB DE PIRAGÜISMO RIBEIRAS DO TAMBRE
CLUB DE PIRAGÜISMO TAXAMAR
CLUB DEPORTIVO NÁUTICO DE MIÑO
CLUB NÁUTICO FIRRETE
CLUB PIRAGÜISMO NARÓN
CLUB PIRAGÜISMO RIANXO-CONCELLO DE RIANXO
CLUB PIRAGÜISMO RÍAS BAIXAS-BOIRO
CLUB RÍA DE BETANZOS
GRUPO XUVENIL-MATOJOMA
SOCIEDAD DEPORTIVA AS XUBIAS.

o horario de saídas será o seguinte:

•K-1 e K-2 Benxamín e PreBenxamín (Home e Muller): 10:00.
•K-1 e K-2 Muller Alevín A e B: 10:25.
•K-1 e K-2 Home Alevín A e B: 10:50.
•K-1, C1, K-2 e C-2 Infantil Mulleres A e B: 11:15.
•K-1, C1, K-2 e C-2 Infantil Homes A e B: 11:45.
•K-1, C1, K-2 e C-2 Cadete (Home e Muller) : 12:15.

Entregas de trofeos 13:00.


Nova cortesía Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios