AMIGABLE. CD AS PONTES-POLVORÍN FC-1-2

Cuarto encontro de pretemporada do equipo pontés

232

Este sábado á tarde enfrontabanse no Poboado o As Pontes e o Polvorín, filial do CD Lugo,  dous vellos coñecidos da Preferente Norte de hai dous anos, e que nesta campaña se volverán a encontrar na Terceira División.

No primeiro tempo, destacar varias paradas de mérito de Paco, un forte disparo de falta de David García, e un golazo polo escuadro de Dani Pájaro preto do descanso.

Trala reanudación, cos cambios en ambos equipos e moita xuventude no cadro local, os lucenses acabaron remontando ata o 1-2 definitivo. 

Cuarto partido de pretemporada dos azuis, trala vitoria nos penaltis ante o Racing de Ferrol, e os dous encontros de Copa Deputación, 0-3 en Narón, e 2-2 en Miño con derrota nos penaltis. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios