A Liga Provincial de Piragüismo no Lago de As Pontes

O pasado sábado 3 de agosto o club de piragüismo Grupo Xuvenil-Matojoma e a Federación Galega de Piragüismo, coa indispensable colaboración do Concello de As Pontes, organizou a 3ª regata da Liga Provincial da Coruña no Lago de As Pontes.

146

As regatas desta liga están pensadas para introducir na competición ás categorías de promoción, dende prebenxamín a cadete en embarcacións individuais e dobres e, nesta ocasión desprazaronse a As Pontes máis de 320 deportistas dos seguintes clubs:

CLUB CABANAS KDM
CLUB DE PIRAGÜISMO RIBEIRAS DO TAMBRE
CLUB DE PIRAGÜISMO TAXAMAR
CLUB DEPORTIVO NÁUTICO DE MIÑO
CLUB NÁUTICO FIRRETE
CLUB PIRAGÜISMO NARÓN
CLUB PIRAGÜISMO RIANXO-CONCELLO DE RIANXO
CLUB PIRAGÜISMO RÍAS BAIXAS-BOIRO
CLUB RÍA DE BETANZOS
GRUPO XUVENIL-MATOJOMA
SOCIEDAD DEPORTIVA AS XUBIAS

Por equipos a victoria foi para o Club Náutico Firrete de Pontedeume, seguido polo Náutico de Miño e o Ría de Betanzos. O equipo local rematou na 5ª posición gracias aos seguites resultados:

• En k1 home cadete David García e Fran Gabeiras remataron 26º e 32º, na mesma idade pero en k2 Antón García e Lucas Valle foron 6º.

• En k1 home infantil Lois Barcelo foi 14º, en home alevín-B Ferán Pena, 13º, en benxamín k1 Xalo Romero, Diego Expósito e Xalo Cascudo ocuparon os postos 7º, 13º e 19º; en prebenxamín competiron Daniel Ferro e Tuán Cendán que remataron 7º e 10. Na categoría muller cadete k1 Celia Durán fíxose coa victoria o mesmo que fixeron Ada Fernández e Inés Domínguez pero en k2 infantil-A. Tamén en muller, pero neste caso infantil-A en k1 Antía Nuria Rodríguez foi 5ª, Leticia Niebla rematou 5ª en alevín-A k1 e Antía García foi 3ª en k1 Alevín-B e Carmen Alén e Nerea Tojeiro remataron 2ª no k2 alevín -B.

Dende o club queremos agradecer a colaboración tanto económica como do persoal do Concello de As Pontes, Club de Vela Fluvial de As Pontes, Protección Civil de As Pontes, Matojoma-GrupoTú, a todos os clubs da provincia da Coruña e, sobre todo aos socios que axudaron na organziación e aos nenos e nenas que participaron na competición, que para moitos de eles era a primeira vez, esperamos de moitas.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios