PROPOSTA SINDICAL ANTE A FALTA DE PRODUCIÓN EN ENDESA – AS PONTES

Na reunión mantida hoxe coas Consellarías de Industria e Infraestruturas, as Federacións das áreas industriais de CIG, CCOO e UGT, presentaron as seguintes propostas para enfrontar a situación actual de Endesa-As Pontes.

224

 Reunión coa Dirección de Endesa 

Convocatoria dunha reunión coa Dirección do Grupo Endesa, coa presenza da Xunta e das Organizacións Sindicais, para demandarlle a Endesa a paralización de calquera medida que poda afectar ao emprego auxiliar, é preciso ter un tempo sen medidas traumáticas para poder acometer os problemas que provocan a paralización da Central Térmica. Endesa leva moitos anos con beneficios nas Pontes e agora, por estar catro meses parada, non pode destruír a economía dun pobo e a súa comarca. 

Reunión coa Ministra de Transición Ecolóxica 

A Xunta comprométese a solicitarlle unha reunión á Ministra de Transición Ecolóxica, contando coa participación sindical, para debater as consecuencias da aprobación do Real Decreto 15/2018, no mes de outubro pasado, no que se mantivo o denominado “céntimo verde” para ás Centrais de Carbón, pero que, en termos prácticos só é de aplicación ás centrais térmicas que se adaptaron á Directiva de Emisións Industriais, como no caso das Pontes, pois o resto (10 centrais), xa teñen anunciado o peche. Esta medida foi unha inxerencia política a favor doutras tecnoloxías. 

Reunión co Comisario de Acción polo Clima e Enerxía da UE 

Asemade, a Xunta vai tramitar a solicitude dunha reunión co Comisario de Acción polo Clima e Enerxía da UE, na que tamén participarían as Organizacións Sindicais, para pedirlle que se activen os mecanismos previstos no mercado especulativo de emisións de Reserva de Estabilidade do Mercado, no caso de flutuacións significativas no seu prezo, como é na situación actual, onde pasouse en dous anos dun prezo de 6 euros ao actual de 29 euros. 

As Pontes, 9 de agosto de 2019 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios