AMIGABLE. CD AS PONTES 2 – UD SOMOZAS 2

Tablas no derbi, con un período para cada equipo

327

As Pontes e Somozas víronse as caras este sábado nun derbi amigable de pretemporada. Ambos equipos serán os representantes da comarca esta campaña na Terceira División.

Cruzaranse no Manuel Candocia no primeiro encontro do ano 2020, víspora de Reis, e no Poboado na penúltima xornada, agardemos, sen apuros en ningún dos dous equipos nunha liga tan complicada. 

No encontro deste sábado dominou máis o As Pontes nos primeiros 45 minutos, de inicio co seu mellor equipo de gala, e anotou por medio de Dani tras saque de esquina, e Carlos, que transformou un claro penalti cometido sobre el mesmo ao fío do descanso enganando ao ex internacional español sub17 David Gómez.

No segundo período, como acontecera contra o Polvorín, co paso dos minutos, coa paulatina entrada duns recambios moito máis novos ante un máis experimentado cadro de Somozas, dirixido por un vello coñecido como Manolo García, os visitantes acabaron igualando ata o 2-2 definitivo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios