Nota Informativa: Auxiliares Endesa – As Pontes

Na Asemblea de traballadores/as das Empresas Auxiliares de Endesa-As Pontes, celebrada hoxe no Lar de As Pontes, informouse sobre as reunións mantidas os últimos días, entre elas coa Dirección da Central Térmica de As Pontes e coas Consellerías de Industria e de Infraestruturas, nas que quedaron claro as dificultades da Central para producir en situación de normalidade.

367

 Por este motivo, entendeuse como prioritario manter canto antes unha reunión coa alta Dirección de Endesa de Madrid, para acordar e pactar un tempo, sen medidas traumáticas no emprego, que permitan acometer no ámbito político as posibles solucións ao céntimo verde e ao prezo do CO2. 

Logo dun debate sobre a situación actual e a pesares de estar no mes de agosto, decidiuse pola Asemblea a convocatoria de 1 hora de folga, para tódalas Compañías Auxiliares, o mércores 21 deste mes, de 12 a 13 h, con concentracións na Rotonda da Vilavella de As Pontes e na entrada das instalacións de Endesa no Porto de Ferrol. 

Deixando para o mes de setembro as convocatorias doutras medidas de presión, que podan ser apoiadas por outros sectores económicos afectados por lo parón produtivo da Central Térmica. 

Para a concentración da Rotonda da Vilavella, o mércores 21 ás 12 h., pídese a participación de calquera veciño/a que poida asistir para apoiar aos compañeiros/as das Auxiliares. 

As Pontes, 12 de agosto de 2019 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios