Ana Torres e Carla Pérez na clase Vaurien vencedoras da XXXIII REGATA MULTICLASE GENERAL GABEIRAS

Este pasado fin de semana o club de vela pontés desplazou ata o Club Náutico Ría de Ares 5 tripulacións da clase Optimist e 2 da clase Vaurien que disputaron a decana das regatas multiclase galegas, a XXXIII edición da Regata Multiclase General Gabeiras-Memorial Carlos Aguilar, organizada polo club aresán.

171

Aínda que estaban programadas a disputa dun total de 6 mangas, finalmente debido ás condicións meteorolóxicas só se puideron disputar 3 delas que deron validez ó trofeo.

Na xornada do sábado puidéronse disputar duas mangas ata que o vento marchou e obrigou á flota a regresar a terra. Na xornada do domingo, en contra da predicción meteorolóxica, o vento subiu por encima dos valores do día anterior e aínda que ameazaba choiva albiscábanse unhas mangas moi competidas en todas as clases que competían, especialmente na Vaurien onde as tres primeiras tripulacións aparecían empatadas a puntos cos locais Tomás e Alejandro Villaverde en primeira posición, seguidos das dúas tripulacións pontesas Ana Torres e Carla Pérez na segunda posición e Javier Martínez e Miguel Ferreiro na terceira posición.

Finalmente só se puido disputar unha manga posto que a entrada dunha tormenta con aparato eléctrico exixiu ó Comité de Regata a suspender a mesma e mandar a toda a flota de novo a terra.

Así pois na clasificación final da clase Optimist Escola Joaquín Cortizo foi o pontés mellor clasificado ocupando o posto 22º, mentras que a sua compañeira Ana Lefler ocupaba o 27º.

Na clase Optimist Regata, dominada polos regatistas do Real Club Náutico da Coruña e do Grupo Bazán de Ferrol, da flota pontesa María Lefler ocupou o posto 14º, Carlos Lefler o 18º, e Carmela Docampo o 22º.

Na clase Vaurien, e tras a disputa da emocionante manga do domingo, as pontesas Ana Torres e Carla Pérez foron as más hábiles no campo de regatas aproveitando mellor que ninguén os roles predominantes para ganar con solvencia a que sería terceira e última manga o que, á postre, sopoñería que ascenderan ó más alto da clasificación, por diante dos aresáns Tomás e Alejandro Villaverde e da outra tripulación pontesa en disputa polo podium a formada por Javier Martínez e Miguel Ferreiro.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios