Resultados do Grupo Xuvenil-Matojoma nas últimas competicións

Semanas de moitos kilómetros de competición para os padexeiros do Grupo Xuvenil-Matojoma das Pontes de Piragüismo.

123

Se o sábado tocaba o Descenso Internacional do Miño de Tui, no que, tras máis de 15 km de río, os deportistas ponteses acadaron os seguintes resultados:

Celia Durán, 3ª en k1 cadete, Antón García e Pablo Vispalia, 5º en k2 cadete, Antonio Polo 1º en k1 veterano e Miguel Domínguez e Ernesto Gancedo 20º en k2 senior;

O xoves 15 tocaron outros 20 km entre Portonovo e Pontevedra para desputar o Trofeo Princesa de Asturias de k4 no que os veteranos ponteses, Carlos Pedreira, José García, Ernesto Gancedo e Antonio Polo gañaron na súa categoría e foron o 3º k4 en chegar á meta de Pontevedra no total de categorías.

A vindeira fin de semana segue a maratón de km, e nunca mellor dito, porque en augas do Lérez, na cidade de Pontevedra celebrarase o campionato de España de Maratón de Piragüismo no que participarán Celia Durán en k1 muller cadete, Antón García e Pablo Vispalia no k2 home cadete, Ernesto Gancedo no k1 veterano e Carlos Pedreira e Antonio Polo no k2.

Fotos cortesía de Beatriz Rosales, Alfredo Bea e Grupo Xuvenil
Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios