FOTOS. CD XERMADE 3 – SDC CABREIROS 1

Nunha final con moitos futbolistas ponteses, o Xermade venceu 3-1 ao Cabreiros na tradicional Copa do Concello veciño, na que caeron en semifinais Roupar e Cazás.

369

Este domingo á tarde disputouse no Campo de Catro Ventos, en Cazás, a final da Copa do Concello veciño de Xermade, entre Cabreiros e Xermade. O equipo branquiazul eliminara nas semifinais ao Roupar na quenda de penaltis, namentes que o negro e vermello vencera máis folgadamente ao Cazás por 3-0. 

Foi unha final con moita presenza de xogadores con pasado no fútbol pontés, sobre todo no campión Xermade, dirixido por Rebolo, con Iván Carballeira, Hugo Gegúndez, Toni, Gonza, Brais Blanco, Nahum Martínez, Diego Pellón, Chungui, Lucho, Fran García, David Rey e Borja Pereira. Namentres, no cadro de Cabreiros, Lino, Totti, Cristian, Adrián Vilasuso, Vicente Pardiño, Derick, e Marcos Novo.  

Na primeira parte, tras un centro de Nahúm, chegando só ao segund pau, anotou Esteban. No segundo período marcou Borja Pereira tras rematar un centro na área pequena, e sentenciaba Chungui tras un gran lanzamento de falta pegado ao primeiro pau. Xa nas postrimerías, Pepe anotaba de penalti o tanto da honra polo Cabreiros, que tamén lanzou un tiro ó poste. 

Ao remate do evento o Alcalde Roberto García, e as diversas autoridades, entregaron os trofeos a campión, subcampión, terceiro, Roupar, e cuarto Cazás. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios