ADEUS A FRAGA

No día de onte deixounos Arturo Prieto Hermida

3.118

Hoxe foi enterrado, no Cemiterio de Santa María do Aparral, Arturo Prieto Hermida, máis popularmente coñecido como “Fraga”, pai de Tino Prieto, da Liga de Veteranos, avó de David e Martín García, que xogaron en tódalas categorías de base do equipo pontés, e sogro de Javier García Salido, o futbolista con máis temporadas no primeiro plantel do CD As Pontes, quince (1989-2004). 

Persoa de trato afable e cordial, era habitual velo todas as fins de semana nos campos de fútbol, ben nos encontros das categorías de base, ou da Liga de Veteranos. Pero si a algo non fallaba nunca Fraga era aos partidos do primeiro equipo do CD As Pontes, tanto nas mellores épocas, como nas menos boas, sendo un dos socios máis veteranos que sempre acudía fielmente ao Campo do Poboado, e ao que se botará de menos a partir de agora. (DEP).

Nova cortesía de XF 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios