CAMPUS DE HOCKEI A PATÍNS 2019

Celebrouse esta semana en As Pontes

273

Esta semana, de luns a xoves, nos Pavillóns de Monte Caxado e A Magdalena celebrouse o Campus pontés de Hockey a Patíns. 

En xornadas de mañá e tarde os cativos puideron disfrutar deste maravilloso deporte e aprender de adestradores de luxo coma Tomás De Llano, Pablo Arias, Borja Velasco, Manu Fernández e Vicente Cebreiro.

Tamén estivo Martín Barrós, que fora porteiro da Selección Española que gañara o Europeo Junior, 5-1 a Portugal na final, en Francia en 2006, con Pablo Cancela, Xavier Puigbí, Marc Coy, Eloi Mitjans, Jordi Ferrer, Ferrán Formatjé, Santi Teixidó, Gerard Vergés e Jaume Farrés.  

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios