CAMPUS DE BALONCESTO AS PONTES 2019

Tivo lugar durante esta semana

150

Esta semana, de luns a venres, tivo lugar o tradicional campus de Baloncesto As Pontes, no Pavillón de A Fraga. Rematou na xornada de onte coa entrega de diplomas e coa visita do Baxi Ferrol.

O equipo departamental por desgracia baixou á Segunda División a campaña pasada, pero é un dos grandes favoritos a voltar á máxima categoría, da man de Lino López, e con xogadoras como Natalia Rodríguez, Patri Cabrera, Marina Delgado ou Marta Tudanca, entre outras.

Tamén estiveron na entrega de diplomas o presidente do clube pontés, Juan Eladio Pico, e os concelleiros Chicho Tembrás, Vicente Roca e Lorena Tenreiro.    

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios