Remata a tempada do Xuvenil-Matojoma de piragüismo co Descenso Internacional do Sil

O pasado sábado 14 de setembro os piragüistas do Grupo Xuvenil-Matojoma remataron a tempada oficial coa súa participación no Descenso Internacional do Sil.

57

O descenso transcurre entre as localidades de Sobradelo e O Barco de Valdeorras, cun percorrido de 7 km de rápidos e fortes correntes ao que se engade a dificultade que supón a masificación nas saídas que se realizan nun tramo moi angosto do río.

Na categoría Sénior este ano a victoria foi para os arxentinos irmáns Balboa que foron perseguidos de cerca pola embarcación combinada de Antonio Polo do Xuvenil e Bernardo Sánchez do Fluvial de Lugo que asinaron unha excelente segunda posición na xeneral. A pontesa Celia Durán subiu ao segundo escalón do podio na categoría de muller cadete k1 pechando un excelente fin de tempada na que estivo sempre entre as mellores da categoría.

Os dous k2 que levaba o Xuvenil-Matojoma compeltando o equipo, Antón García con Pablo Vispalia en cadetes e José Antonio Menéndez e Ernesto Gancedo en veteráns votaron con sendos cuartos postos nas súas respectivas categorías.

Agora os deportistas do club pasarán unhas semanas de merecido descanso que se verá brevemente interrumpido polo Descenso do Sor en Mañón o vindeiro día 28 de setembro.

Fotos cortesía de Pepe Ruiz, Club Naval de Pontevedra, Alfredo Bea.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios