SEGUNDA DIVISIÓN B FÚTBOL SALA. PUERTAS DEYMA FS-O ESTEO FS (2-8)

Goleada do equipo pontés que escala varios postos na clasificación antes de recibir ao líder

72

Gran vitoria do Esteo en Trobajo del Camino, o que lle axuda a deixar os postos baixos. Este ano a competición é máis exixente ata con catro descensos. O partido foi de total dominio pontés e marcaron Jacobo (2), Martín (2), Rober, Matos, Jhony e incluso Javichu. 

O Esteo xa gañaba 0-3 ao descanso, 0-4 trala reanudación, chegaron a apretar os locais co 2-4, ata que preto do final Rober facía o 2-5, e xa  con porteiro xogador os leoneses o tanteo foise ata o 2-8 definitivo. Os de Óscar Vigo son oitavos con catro puntos á espera de recibir ao líder Atlético Benavente.

PUERTAS DEYMA FS. Diego, Pablo, Germán, Corral, Camacho – Guille, Gabri, Miguel, Alejo, Furi.

O ESTEO FS. Javichu, Noé, Jhony, Troncho, Matos – Jacobo, Héctor, Rober, Cokito, Martín, Dani.

GOLES. 0-1, Matos (3´), 0-2, Martín (10´), 0-3, Martín (18´). 0-4, Jacobo (21), 1-4, Camacho (23´), 2-4, Corral (24´), 2-5, Rober (34´), 2-6, Javichu (36´), 2-7, Jacobo (39´), 2-8, Jhony 40´).

Tarxetas: Diego, Guille, Jacobo. Expulsado Germán.

Incidencias: Pavillón Camino de Santiago. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía Moisés Fernández e XF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios