Amigus Labs • Obradoiro de Gimp e Raspberry Pi

O vindeiro 26 de outubro realizaremos un novo obradorio, esta ocasión de utilización software e hardware libre para a edición e retoque de imaxes con GIMP e Raspberry PI.

383

GIMP é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits, tanto debuxos como fotografías. É un programa libre e gratuíto.

Raspberry Pi, é un computador de tamaño de tarxeta de crédito que se conecta ao seu televisor e un teclado. É unha placa que soporta varios compoñentes necesarios nun computador común. É un pequeno ordenador que pode ser utilizado por moitas das cousas que a súa PC de escritorio fai, como follas de cálculo, procesadores de texto, editores gráficos e xogos. Tamén reproduce vídeo de alta definición. É un precio dende 35€.

De 11:00 a 14:00 realizaremos o taller gratuíto. Para asistir ao taller é obrigatorio rexistrarse no formulario que atoparás na páxina do evento.

Recomendámosche que traias un ordenador portátil co GIMP xa instalado, aínda que teredes a opción de usar os equipos que preparamos de demostración con Raspberry PI.

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus Labs, e que instales un antivirus.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 25 de outubro (prazas limitadas).

Máis información en Amigus Labs Centro de Arte e Creación Dixital

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios