IVÁN PENA MARTÍNEZ, CAMPIÓN DO MUNDO EN CHINA

O deportista de As Pontes gañou en Master 40

538

O deportista pontés Iván Pena Martínez gañou na mañá deste sábado o ouro no Mundial de Stand Up Paddle, ou Paddlesurf, que se está a celebrar en China, en Qingdao, na categoría Master 40. 

Iván venceu cun tempo de 59:77, por diante do israelí Eran Kanias (1:00:31), segundo, e do chino Hai Sun (1:00:86), terceiro, nun envento no que tamén participaron deportistas de Brasil, Corea do Sur, Rusia, Portugal, Eslovenia e Exipto. 

Iván é un dos deportistas máis prolíficos, e sobre todo polifacéticos, o que máis, do deporte pontés, un auténtico todoterreno no mundo da auga. 

Nos seus inicios no deporte, no piragüismo, entre outras cousas chegou a ser ouro nunha Copa de España Junior, en K2 500 xunto a Iago Crende Polo, en 1996.

Más adiante probou no mundo do Kaiak Polo, no que ademáis de ser Campión de Galicia e de España, chegou a xogar coa Selección Española no Mundial de Alemaña 2002 (sétimo) e nos World Master Games en Australia 2009 (cuarto).

Máis adiante, na modalidade de Waveski Surf, en Portugal, no ano 2016, foi cuarto clasificado individual e Campión Mundial por equipos coa Selección Española.

Nova cortesía XF. Fotos Iván Pena

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios