DAVID ROCHELA GAÑA A FA CUP

O futbolista pontés logra a Copa tailandesa

302

O xogador pontés David Rochela Calvo gañou no día de onte co seu equipo, o Port Thai, a FA Cup tailandesa, tras vencer por 1-0, gol do canario Sergio Suárez, ao Ratchaburi. David xogou todo o encontro. 

En roldas previas o equipo eliminara sucesivamente, en trintaedousavos de final ao Samut Sakhon (6-0), en dezaseisavos ao Sukhothai (4-1), en oitavos ao Muang Thong United (0-2), en cuartos ao Chiangrai United (3-2), e en semis ao Bangkok United (0-0, penaltis).

Nova cortesía XF. Foto cortesía David Rochela

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios